
O misterio do Nadal
VENTO DOLCE

O recital de canto e piano “O MISTERIO DO NADAL" é unha proposta musical e visual especialmente pensada para adentrarmos de cheo no espírito do Nadal, empregando para elo algunha das páxinas máis recoñecibles da música relixiosa desde o Barroco ata a época contemporánea. A través dun repertorio para voz solista con pezas de moi diferente carácter, poderemos viaxar no tempo e na xeografía, desde algunha das panxoliñas máis fermosas da nosa lingua galega pasando por pezas de inspiración castelá, andaluza, e se nos imos un pouco máis lonxe chegamos a Francia, Inglaterra e... como a nosa pianista é de orixe Venezolana, porqué non cruzar o charco e saltar a Sudamérica?. Iso sí, sen esquecer aos compositores clásicos como Haendel ou Mozart.
O espectáculo, a maiores, leva asociadas unha serie de imaxes que se proxectan para ambientar e facilitar ao público a comprensión dos textos de cada unha das pezas. Tamén inclúese codigo QR no cartel e solto para colocar á entrada e en lugares visibles (por exemplo tras as butacas) coa finalidade de que o público poida consultar o programa en liña dende os seus dispositivos móbiles.


PROGRAMA
Diez Villancicos Españoles. Joaquin Nin voz y piano
Villancico Gallego
Villancico Castellano.
Jesús de Nazareth.
Villancico Andaluz.
Blanca Navidad. Irving Berlin. piano solo
Canción de cuna. Manuel Castillo voz y piano
Pastorcito santo. Joaquin Rodrigo voz y piano
Cantarcillo. Eduard Toldrá voz y piano
The Lord prayer. A. H. Malotte voz y piano
---------- DESCANSO -----------------------
Rejoice. G.F. Haendel. (El Mesías) voz y piano
Hark the Herald angels sing. Felix Mendelssohn piano solo
Tun Tun Guasa Navideña voz y piano
Canto de berce. Marcial del Adalid voz y piano
Panxoliña. C. Halffter voz y piano
The first Noel. Arr. William Stickles piano solo
Alleluia. W. A. Mozart. (Exultate jubilate) voz y piano
Bis de agasallo: Cantique de Noel. A. Adam
